Sobre Bruma

De Ratiños Coffee Shop a Bruma: O mesmo negocio, unha nova filosofía.

Bruma naceu cun propósito claro: achegar o café de especialidade en Santiago de Compostela dun xeito amigable e sinxelo. Se xa nos coñecías como Ratiños Coffee Shop, alegraráche saber que seguimos sendo o mesmo negocio, cunha nova filosofía máis centrada no café de especialidade.

A nosa Filosofía

Traballamos con orixes seleccionados, torrado fresco e local e un menú deseñado para garantir que cada cunca manteña a máxima consistencia. No noso café, cremos no equilibrio entre a técnica e a calidez: encántanos explicar os procesos de preparación de maneira clara, prestándolle atención a cada detalle da extracción, e ofrecéndo unha experiencia cómoda e acolledora.

Máis que Café

Xa esteas buscando o lugar perfecto para almorzar ou tomar unha merenda en Santiago de Compostela, ou queiras disfrutar dun bo Flat White, probar o noso té matcha, ou mercar café de especialidade en gran, en Bruma atoparás o teu lugar.

Ven visitarnos no centro de Santiago ou leva os teus grans recén torrados favoritos para disfrutalos onde queiras.

Latte art dun paxaro nunha cunca de Bruma Roasting, Santiago de Compostela